BARCIELA (S
ANTO A
NDRÉ DE):
[5] freg. na prov. d'A Coruña (8 leg.), dioc. e part. xud. de Santiago (2), e conc. de Enfesta (1):
SIT. á marxe esq. do Tambre, con boa ventilación e
CLIMA san. Ten sobre 70
CASAS pobres, distribuídas nos l. de Barciela, Benavente, Caluba, Fonte do Torno, Sigüeiro e Valado.
[6] A igr. parr. (Santo André) está servida por un curato de padroado laical e ecl. que exercen o cabido de Santiago e casa de Moscoso de Altamira; hai unha ermida (San Brais e Sta. Catalina),
[7] e o cemiterio atópase no adro da igr., se ben polo separada que está da poboa., en nada prexudica á saúde pública: o
TERM. confina polo N. con San Martiño de Oroso e San Miguel de Gándara,
[8] ao L. con Sta. María de César, ao S. con San Cristovo de Enfesta e San Xulián de Carballal
[9] e polo O. con San Vicenzo de Marantes;
[10] báñao o mencionado Tambre, que ao seu curso de N. a S., recibe as augas de varios regatos que percorren este terreo, o cal se compón de monte de pouca elevación, e dunhas 1,000 fan. de terra de boa calidade destinadas ao cultivo; os
CAMIÑOS son locais, se ben cruza por esta freg. a estrada d'A Coruña a Santiago, cortada polo Tambre, sobre o cal hai unha ponte de pedra con 6 arcos e 20 varas de elevación: o
CORREO recíbese por Santiago:
PROD.: maínzo, centeo, patacas e algunhas froitas: cría gando lanar, vacún e de cerda; caza de lebres, perdices, xabarís e lobos; e péscanse troitas e anguías:
IND.: 6 muíños fariñeiros, 2 fábricas de curtumes e algúns teares;
COMERCIO: a importancia de art. de primeira necesidade, e exportación dos prod. das fáb.; celebra un mercado de gando vacún o día 24 de cada mes;
POBO.: 70 vec., 590 alm.:
CONTR. co seu concello. (V.).