San Cristovo do Eixo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.005 habitantes (511 mulleres e 494 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.060 habitantes.
Xeografía
O Eixo atópase rodeada polas parroquias de San Martiño de Aríns, Santa María de Marrozos, Cacheiras e Os Tilos. Por ela discorre o río Aríns, que ó chegar alí cambia o seu nome polo de río Santa Lucía. É así debido a que o seu leito flúe a carón da capela de Santa Lucía, un referente parroquial que se une cos cruceiros estendidos ó longo da vila á variedade cultural existente.
É unha das parroquias compostelás que máis sofre o desenvolvemento das infraestruturas xa que se ve rodeada polas autoestradas AP-9, AP-53 e a liña do tren de alta velocidade (AVE). Deste último cabe sinalar a ponte sobre o val que chega a acadar os 95 metros de altura na súa parte máis alta, referente a nivel estatal ó converterse na segunda ponte máis elevada do país.
Topónimo
Para este topónimo atópanse referencias medievais que alternan a forma Olegio (século XI) (ou Oeyo, ou Oegio), coas formas Eio, Eyo, Eo. Como Olegio, podería ter unha orixe hidronímica, e que xa naquela altura (século XIV) se reinterpretase como un artigo máis un substantivo[2].
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares do Eixo
Parroquias de Santiago de Compostela
Notas
Véxase tamén
Outros artigos