«A»
|
|
sinxelo de Ayumi Hamasaki
|
do álbum LOVEppears
|
Lanzamento
|
11 de agosto de 1999
|
Formato
|
{{{formato}}}
|
Gravada
|
1999
|
Xénero musical
|
J-Pop
|
Lingua(s)
|
{{{lingua}}}
|
Duración
|
1:15:48
|
Discográfica
|
avex trax
|
Produtor(es)
|
Max Matsuura
|
Escritor(es)
|
Ayumi Hamasaki
|
Cronoloxía
|
|
Miscelanea
|
{{{miscelanea}}}
|
"A" é o sinxelo número 10 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o día 11 de agosto do ano 1999 baixo o selo avex trax. Foi o segundo sinxelo da cantante lanzado en formato Maxi single.
Detalles
Aínda que o título orixinal sexa nada máis que a letra A, non é debido a que teña unha canción chamada do mesmo xeito. Este é o primeiro sinxelo de Hamasaki de máis dunha cara que son os representados cunha letra ou símbolo en particular. Neste caso o sinxelo é un de dobre cara A, que contén os temas "Monochrome", "Too Late", "Trauma" e "End Roll".
Para ningún dos catro temas do sinxelo foi gravado un vídeo musical, e unicamente se valeu dos distintos comerciais para a televisión onde as cancións foron utilizadas como a principal forma de promoción. Tanto “Trauma” como “Monochrome” foron temas utilizados para a marca de refrescos Japan Tobacco (mellor coñecidos como “JT”); “Too Late” dentro de comerciais para unha motoneta da empresa Honda, e finalmente “End Roll” como canción de enganche para un dos chocolates da grande empresa Morinaga, que ten un gran prestixio no Xapón. Dentro do comercial a única versión que non era orixinal foi a de “End Roll”, onde no seu lugar utilizouse unha versión remix.
Para o lanzamento do segundo álbum de estudio de Ayumi, titulado "LOVEppears" foron incluídas as catro cancións, pero en versións melloradas e remesturadas, obra de Dave Ford. A mellora da calidade dalgunhas cancións faise expresa nos temas “Monochrome” e “Too Late”; que foron notablemente mellorados. Tódolos temas foron escritos por Ayumi Hamasaki, e compostos por Dai Nagao.
A súa primeira semana debutando nas listas de Oricon entrou directamente ó primeiro lugar sen maiores problemas. Na súa segunda semana nas listas non decaeu nin un só lugar, permanecendo no primeiro lugar por dúas semanas de forma consecutiva. Anteriormente "Boys & Girls" estivera no primeiro lugar das listas de sinxelos as tres semanas anteriores ó lanzamento deste single, polo que foron en total cinco semanas nas que Ayumi liderou as listas de sinxelos de Oricon sen caer do primeiro lugar. Finalmente a que destronou a Ayumi foi GLAY, que obtivo o primeiro lugar a semana seguinte, aínda así a pesar de perder o primeiro lugar, “A” converteuse no primeiro single de Ayumi Hamasaki en converterse en disco de oro, e dicir, en romper a barreira do millón de copias vendidas. Tamén e ata hoxe o single con mellores vendas de Hamasaki segundo Oricon, cun total de 1 millón 670 mil copias vendidas aproximadamente.
- Este foi tamén o primeiro single onde Ayumi estreou o seu logotipo, que máis tarde seria un dos seus selos característicos. O logo presente neste single é a combinación entre as dúas iniciais do seu nome con letras latinas (a A e a H), e posteriormente foi cambiada a súa forma ata a versión que actualmente se lle asocia á artista, e que está presente en tódolos seus lanzamentos.
- O single foi lanzado en varias edicións con varias cores en distintos CDs, aínda que a imaxe da portada non variaba maiormente. Unha variación maior deuse nas portadas onde foron creadas dúas versións: unha de cor dourada e outra prateada. Entre algunhas versións deuse un mínimo cambio na orde das cancións que compoñían o single; nuns “Monochrome” era a primeira canción, e noutros “Trauma”.
Lista de temas
# |
Título
|
1. |
Monochrome "Original Version"
|
2. |
Too late "Original Version"
|
3. |
Trauma "Original Version"
|
4. |
End roll "Original Version"
|
5. |
Monochrome "Keith Litman's Big City Vocal Mix"
|
6. |
Too late "Razor 'N Guido Remix"
|
7. |
Trauma "Heavy Shuffle Mix"
|
8. |
End roll "HΛL's Mix"
|
9. |
Monochrome "instrumental"
|
10. |
Too late "instrumental"
|
11. |
Trauma "instrumental"
|
12. |
End roll "instrumental"
|
13. |
End roll "NEURO-mantic Mix"
|
14. |
Monochrome "Dub's full color Remix"
|
Posición nas listas
Lanzamento
|
Lista
|
Máxima posición
|
Vendas na primeira semana
|
Vendas totais
|
Semanas
|
11 de agosto de 1999
|
Oricon Daily Singles Chart
|
#1
|
|
|
|
11 de agosto de 1999
|
Oricon Weekly Singles Chart
|
#1
|
508,940
|
1,670,000
|
17
|
11 de agosto de 1999
|
Oricon Yearly Singles Chart
|
#3
|
|
|
|
|
---|
Álbums de estudio | |
---|
DVDs |
- A Film for ××
- A Clips
- A Clips Vol.2
- Tsuki-ni Shizumu
- Ayumi Hamasaki Complete Live Box A
- Complete Clip Box
- Distance Love
|
---|
Sinxelos | |
---|
Compilacións | |
---|
Remixes | |
---|
Filmografía |
- Twins Teacher
- Battle spirits ryûko no ken
- Sumomo mo momo
- Miseinen
- Like Grains of Sand
- Gakko II
|
---|