Keiko Komuro (小室 桂子, Komuro Keiko?), nada en Usuki (prefectura de Ōita) o 18 de agosto de 1972, é unha cantante xaponesa coñecida entre o público como KEIKO. O seu nome de solteira era orixinalmente Keiko Yamada. Keiko é a cantante do popular grupo de música dance xaponés Globe dende 1995, e contraeu matrimonio co tamén membro da banda Tatsuya Komuro o 22 de novembro do ano 2002.
Traxectoria
A moza nunca estivo ligada profesionalmente a música ata que, polo consello duns amigos que lle dicían que tiña unha gran voz, asistiu o casting EuroGroove Night Talent Search, organizado polo produtor e músico xaponés Tetsuya Komuro coa finalidade de buscar un novo talento feminino para crearlle unha carreira profesional. A nova Keiko quedou como elixida de Komuro, e xunto a el mesmo e o modelo francés pero criado no Xapón, Marc Panther formaron o que finalmente sería unha das máis grande sensacións dos anos 90: a banda Globe.
Pronto KEIKO pasou a ser a máis popular dos integrantes da banda, converténdose tamén nun ídolo da metade dos anos noventa. Dende o seu debut a imaxe da cantante cambiou radicalmente, e resulta case imposible comparar a súa imaxe na actualidade (ou nos últimos anos), coa imaxe que tiña no momento do seu debut xunto a Globe. O seu estilo tamén fixo que conseguira moitos seguidores, que a consideran unha icona da moda. Dende a súa primeira aparición na televisión en 1995 ata 1998 conservou algo a súa cor de pelo, pero sorprendeu a todos tras cambialo de cor a rubio, dentro da época na que o terceiro álbum da súa banda, "Love Again", era lanzado o mercado. Pronto volvía a escurecelo, para no 2000 dar os seus primeiros pasos como solista no proxecto de globe featuring. Os tres integrantes da banda lanzaron singles promocionais en solitario, pero o de KEIKO foi o que conseguiu un maior éxito, posicionandose nos primeiros lugares dos singles máis vendidos. O éxito conseguido incluso lle deu a oportunidade de saír de xira en solitario ese mesmo ano, por algunhas cidades do Xapón.
No ano 2001, mentres globe facíase un perfil máis baixo, Keiko participou nunha canción xunto a cantante Ayumi Hamasaki para o álbum de beneficencia "Song+Nation", do cal as súas vendas irían en axuda das vítimas das Torres xemelgas. O tema, composto polo seu compañeiro de banda Tetsuya Komuro, máis tarde tamén foi gravado exclusivamente por Keiko (como tamén fixo Hamasaki para un dos seus álbums), o cal foi acreditado como globe version. Tras que no 2002 Globe regresaba de forma máis activa á industria cun novo estilo máis ligado o Trance, Keiko gravou unha canción para Cyber X chamada "Be True", para a gama de compilacións de música electrónica xaponesa Cyber Trance, que pertence o selo Avex Trax. No 2003 lanza o seu primeiro traballo en solitario baixo o proxecto globe KEIKO solo proyect, un single/mini álbum chamado KCO (a pronunciación de Keiko en inglés), pero igualmente lanzado polo selo privado da súa banda avex globe.
Discografía
Singles
Concertos
Título |
Data
|
KEIKO solo tour 2000 ~on the way to YOU~ |
2000
|
KEIKO'S BIRTHDAY LIVE 2000 |
2000
|
KEIKO solo "blooming tour 2000" |
2000
|
KEIKO'S BIRTHDAY PARTY |
2001
|
KEIKO'S BIRTHDAY LIVE 2002 |
2002
|
2003 KEIKO'S BIRTHDAY LIVE featuring TK |
2003
|
TOWER RECORDS PRESENTS KEIKO CHRISTMAS SPECIAL LIVE |
2003
|
Libros
Véxase tamén
Ligazóns externas