7 Canal Rías Baixas é unha canle de televisión local galega propiedade de Televisión da Mancomunidade do Salnés S.L. con sede en Ribadumia e delegacións na Pobra do Caramiñal[2] e na cidade de Pontevedra (inaugurada en 2017) [3]. As súas emisións comezaron en 1994 co nome de Tele Salnés Barbanza (TVSB) e desde 2006 conta con licenzas de TDT na demarcación do Salnés e Caldas, na do Barbanza[4] e na de Pontevedra[5] abranguendo os concellos de Boiro, Noia, Rianxo, Porto do Son, Muros, A Pobra do Caramiñal, Outes, Carnota, Lousame, A Estrada, Sanxenxo, Cambados, O Grove e Vilanova de Arousa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas