"27" é unha canción da banda escocesa de rock alternativo Biffy Clyro, editada como sinxelo no Reino Unido o 9 de abril do 2001, do seu álbum de estrea Blackened Sky. Foi o primeiro sinxelo do grupo lanzado a través do selo Beggar's Banquet. Aínda que o tema non entrou na lista británica de sinxelos, chegou ao posto 43 da lista independente.[1]
Listaxe de cancións
Letra composta por Simon Neil. Música por Biffy Clyro.
- "27" – 3:27
- "Instructio4" – 5:53
- "Breatheher" – 3:54
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Sinxelos | |
---|
- ↑ "Official Independent Singles Chart Top 50". Official Charts Company (en inglés). Consultado o 2023-04-09.