Ben Hamilton Johnston, nado en Kilmarnock (East Ayrshire) o 25 de abril de 1980, é un batería, vocalista e compositor escocés, coñecido polo seu traballo coa banda de rock alternativo Biffy Clyro.
Traxectoria
Johnston naceu e medrou en Kilmarnock co seu irmá xemelgo James Johnston (que é o baixista de Biffy Clyro), e o seu irmán máis novo Adam (que é o técnico de batería da banda).
Comezou a tocar a batería co seu amigo do colexio Simon Neil e o seu irmán James nunha banda chamada Screwfish en 1995. A banda acabaríase convertendo en Biffy Clyro e Simon mudouse a Glasgow mentres Ben e James quedaron en Ayrshire. Ao pouco tempo foron descubertos polo representante Dee Bahl e asinaron coa discográfica Beggar's Banquet no ano 2001.
Durante os seus anos de universitario, Ben liderou unha banda tributo a Rage Against the Machine.
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Sinxelos | |
---|