O óso grande é un óso do membro superior humano, pertencente ao carpo. É o meirande dos ósos do carpo, e ocupa o centro do pulso.
Presenta unha superficie cóncava para artellarse cos ósos escafoide e semilunar. A superficie superior é redondeada e artéllase co óso semilunar. A superficie inferior está dividida por dous sucos en tres facetas, para artellarse co segundo, terceiro e cuarto metacarpianos. A superficie articular para o terceiro metacarpiano é a de maior tamaño. A superficie ventral recibe febras de inserción de ligamentos da articulación do pulso e do músculo adutor do polgar.
A superficie lateral recibe a inserción do ligamento interóseo do pulso. Tamén se artella nesta superficie co escafoide. A superficie medial recibe outro ligamento interóseo.
Véxase tamén
Bibliografía