O escafoide é un óso da fileira proximal do pulso. Ó igual có do tarso, tamén é chamado navicular. Máis concretamente é o óso máis externo.
Estrutura e insercións
- Superficie anterior: Permite o paso de tendóns flexores.
- Superficie posterior: Relacionada co paso de tendóns extensores.
- Superficie superior : Artéllase co radio. Máis especificamente, coa crista radioescafolunar.
- Superficie inferior: Artéllase cos ósos trapecio (faceta externa) e trapezoide (faceta interna).
- Superficie externa: Insírense nela dous ligamentos:
- Inserción distal do ligamento lateral externo da cámara proximal.
- Inserción proximal do ligamento lateral externo da cámara distal.
- Superficie interna: Artéllase co óso semilunar.
Articulacións
- Superiormente: Co radio.
- Inferiormente: Co trapecio por fóra e co trapezoide por dentro. Son artrodias.
- Por dentro: Co semilunar e co óso grande. Son atrodias.
Véxase tamén
Outros artigos