Óscar Adolfo Naranjo Trujillo, nado en Bogotá o 22 de decembro de 1956, é un xeneral retirado da Policía Nacional de Colombia, negociador plenipotenciario do goberno nas negociacións de paz coas FARC e actual vicepresidente de Colombia.
Ocupou o cargo de director desa institución entre maio de 2007 e xuño de 2012.[1] Traballou no comando do departamento de Policía de Bolívar, o Comando de Operacións Especiais, a Dirección de Intelixencia e Contraintelixencia Policial e a Policía da cidade de Cali. Participou na Operación Apocalipse 1 que deu morte ó narcotraficante Gonzalo Rodríguez Gacha, membro do Cartel de Medellín ademais doutras operacións de intelixencia que terminaron coa morte de Pablo Escobar, capo do Cartel de Medellín. Naranjo é membro da International Drug Enforcement Association filial da DEA estadounidense, a Asociación Internacional de Xefes de Policía e o círculo de historia da Policía Nacional. O 19 de abril de 2012, o xeneral Naranjo presentou a súa renuncia ó presidente Juan Manuel Santos. A renuncia oficializouse o 12 de xuño de 2012. Foi asignado entón como negociador plenipotenciaro nas negociacións de paz coas FARC dende os seus inicios.
O 12 de xaneiro de 2017 o Presidente Juan Manuel Santos anunciou o seu postulación para ser o novo vicepresidente de Colombia.[2]
Notas