Ao contrario do que se poida pensar, o nome Óbidos non deriva da parónimaóbitos, senón do termo latino oppidum, significando «cidadela», «cidade fortificada», mais a evolución lingüística non é portuguesa, senón propia de romances mozárabes. Nas súas proximidades érguese a poboación romana de Eburobrittium.
No 1527, vivían 161 habitantes na vila, o que correspondería a cerca de 1/10 da poboación do municipio. A área amurallada era xa nesa época idéntica á actual, ou sexa, 14,5 ha.
Foi de Óbidos onde naceu o concello das Caldas da Rainha, anteriormente chamado de Caldas de Óbidos (a mudanza do determinativo debeuse ás tempadas que aí pasou a raíña Dª. Lionor).
A peculiar arquitectura de Óbidos, con rúas estreitas e casas pintadas de branco, ten atraído o turismo para a localidade, de xeito que todo o casco urbano intramurallas é digno de ser visitado. Con todo cómpre salientar os seguintes sitios de interese: