Éver Maximiliano David Banega, nado o 29 de xuño de 1988 en Rosario, é un futbolista arxentino. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Sevilla FC.
Traxectoria
Boca Juniors
Banega deu os seus primeiros pasos coma xogador no Boca Juniors, chegando ao primeiro equipo aos 18 anos, e gañando recoñecemento inmediatamente debido ás súas actuacións e en especial ás súas asistencias na Primeira División. Tras a fichaxe do seu compañeiro Fernando Gago polos Real Madrid en xaneiro de 2007, foi nomeado coma o seu sucesor, malia a súa curta idade.[1] Banega fixo o seu debut coma profesional na vitoria por 4-0 contra o Club Atlético Banfield o 10 de febreiro de 2007.
Valencia
O 5 de xaneiro de 2008, Banega fichou polo Valencia CF por cinco anos e medio, a cambio de 18 millóns de euros.[2] Fixo o seu debut no Valencia en xaneiro de 2008, saíndo ao campo tras o descanso na derrota por 0-1 contra o Atlético de Madrid.
Banega foi cedido ao Atlético de Madrid para a tempada 2008-09.[3] Fixo o seu debut oficial na vitoria por 3-0 contra o PSV Eindhoven na primeira fase da UEFA Champions League desa mesma tempada.[4] Porén, non se asentou no once titular do equipo, e mesmo quedou fóra da convocatoria en varias ocasións.
Na seguinte tempada volveu ao Valencia, e fíxose cun posto no once titular, e cun papel moi importante dentro do equipo, ata que o 19 de febreiro de 2012, foi operado da súa perna esquerda tras ser atropelado polo seu propio coche.[5]
Estatísticas
Palmarés
Club
- Boca Juniors
- Valencia
Selección
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas