Ámbito metropolitano de Barcelona

Modelo:Xeografía políticaÁmbito metropolitano de Barcelona

Localización
Mapa
 41°29′53″N 2°07′23″L / 41.498, 2.123
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.727.615 (2022) Editar o valor en Wikidata (741,31 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie7.726,36 km² Editar o valor en Wikidata

     Ámbito metropolitano de Barcelona

O Ámbito metropolitano de Barcelona (en catalán: Àmbit metropolità de Barcelona) é un dos oito ámbitos funcionais territoriais (AFT) definidos no Plan territorial xeral de Cataluña, para un hipotético desenvolvemento da Comunidade Autónoma en vigairías.

É unha área xeográfica de alta densidade de poboación situada no centro-leste de Cataluña, ao redor da capital da comunidade autónoma. Segundo a definición oficial desta veguería, a súa poboación a 1 de xaneiro de 2010 era de 5.012.961 habitantes, nunha superficie de 3.236 km² e cunha densidade de poboación de 1.549 hab/km².[1] Trátase dunha definición máis extensa da área metropolitana de Barcelona.

Intégrano as comarcas de Alt Penedès, Baix Llobregat, Barcelonès, Garraf, Maresme, Vallès Occidental e Vallès Oriental, é dicir, o conxunto formado pola cidade de Barcelona e a súa área de influencia en termos económicos e de mercado de traballo.

Notas

Véxase tamén