Álvaro Xosé López Mira

Modelo:BiografíaÁlvaro Xosé López Mira
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoliticólogo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1187413 Dialnet: 55898

Álvaro Xosé López Mira, nado en Pontevedra o 23 de xullo de 1962, é un politicólogo galego.

Traxectoria

Doutor en Dereito Constitucional pola UNED e licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía na mesma Universidade, na actualidade exerce a docencia como Profesor Titular de Ciencia Política e da Administración na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo (campus de Pontevedra), da que foi o seu primeiro Vicedecano.

Foi fundador da Fundación Alexandre Bóveda, redactor das Bases do Foro do Novo Estatuto, membro da Comisión Técnica de Dereito Galego no Consello da Cultura Galega. Colabora en diversas publicacións, como Grial, Análise Empresarial, Tempos Novos ou Madrygal. Revista de Estudios Gallegos. Asemade, é membro de sociedades científicas españolas e estranxeiras e de diversos consellos de redacción editoriais.

Obra en galego

Ensaio

  • Territorio e democracia. Un modelo de participación democrática para Galicia, nacionalidade histórica, 1996, Ediciós do Castro.
  • A Galicia irredenta, 1998, Xerais.
  • Un modelo de organizacion territorial para Galicia, 2000, UNED.
  • Introducción ó sistema político español, 2001, Tórculo.
  • Portugal: a rexionalización imposible, 2002, Universidade de Vigo.
  • Sistema político español e galego, 2010, Andavira.

Obras colectivas

  • O nacionalismo galego e o futuro do nacionalismo, con Basilio García Pérez, 1996, Asociación Amigos da Cultura.
  • Europa, Europa, 2006, Tórculo.
  • O Terceiro estatuto galego. Propostas desde a ciencia política, 2006, Tórculo.
  • Análise das eleccións autonómicas galegas do 21 de outubro de 2012, 2013, Andavira, libro electrónico.

Galardóns e recoñecementos

  • Premio de investigación da Deputación de Pontevedra.
  • Premio de Economía e Socioloxía de Galiza Alexandre Bóveda da Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra no 1993, por O nacionalismo galego e o futuro do nacionalismo, con Basilio García López.
  • Insignia de Ouro da UNED de Pontevedra.
  • Premio xornalístico do centenario da Cámara de Comercio de Pontevedra.
  • Nomeamento como Xuíz Honorario do Couto Mixto.

Véxase tamén

Ligazóns externas