¡Prohibido casar, papá! é unha obra literatura xuvenil escrita por Fina Casalderrey e publicada en 1996 por Editorial Galaxia. O libro foi incluído na selección "The White Ravens 1998" da Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic.
Trama
Elia é unha unha rapaza de 14 anos orfa de nai. O seu pai comeza unha relación con Berta, pero esta non lle cae ben á filla. Elia é internada nun hospital logo dunha apendicite, e alí recorda os momentos máis importantes da súa vida xunto ás visitas dos amigos e familiares, incluída Berta.
Trata os temas da familia e da morte desde a perspectiva da adolescencia, valorando a importancia das relacións afectivas e o amor.
Traducións
A obra foi traducida ao castelán (¡No te cases, papá!; SM, 1997), catalán (No et pots casar, pare!; Bromera, 2003), portugués (Não te cases, papá! en Portugal; Ambar, 2000. Não se case, papai! no Brasil; Paulinas, 2002) e éuscaro (Ez ezkondu, aita!; Elkar, 2009).
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na web da autora.
- Ficha na web da editorial.