O zopilote rei[2] ou urubú rei[3] (Sarcoramphus papa) é un paxaro grande que habita en América do Sur e Central. Pertence á familia Cathartidae, que vive predominantemente nos bosques tropicais de terras baixas, dende o sur de México até o norte da Arxentina. É o único membro sobrevivente do xénero Sarcoramphus, que inclúe tamén membros fósiles. Non se reconñeen subespecies.[4] É unha ave preeira que a miúdo fai o corte inicial nos cadáveres de animais grandes. Polo seu tamaño, despraza ás especies de voitres americanos máis pequenos cando se atopan preto dun cadáver.[5] Pode vivir até 30 anos en cativerio.
Notas