Ademais de polo protónimo de Sowerby, e do nome actualmente válido, a especie foi coñecida tamén polos numerosos sinónimos seguintes:[5]
Aodon dalei Lesson, 1828
Delphinorhynchus micropterus F. Cuvier, 1836
Delphinorhynchus sowerbyi Gray, 1846
Delphinus micropteron Tomilin, 1957
Delphinus micropterus G. Cuvier, 1829
Delphinus sowerbensis Blainville, 1817
Delphinus sowerbi Eschricht, 1851
Delphinus sowerbyensis Eschricht, 1852
Delphinus sowerbyi Desmarest, 1822
Diodon sowerbaei Bell, 1837
Diodon sowerbi Hamilton, 1837
Diodon sowerbyi Lesson, 1828
Heterodon dalei Lesson, 1827
Mesodiodon sowerbyi Duvernoy, 1851
Mesoplodon sowerbensis Gervais, 1859
Mesoplodon sowerbiensis J. A. Allen, 1869
Micropteron bidens Malm, 1871
Micropteron sowerbiensis Van Beneden, 1868
Nodus dalei Gray, 1850
Ziphius sowerbiensis Gray, 1846
Características
Presenta a morfoloxía típica das especies do seu xénero, das que se distingue principalmente polo par de dentes triangulares dos machos situados cara a diante no medio da mandíbula, que poden emerxes das enxivas 3 ou 4 cm (nas femias e nos machos inmaturos quedan ocultos baixo as enxivas. O corpo, fusiforme, é moi alongado, e algo comprimido lateralmente. É un zifio de tamaño mediano, de 4 a 5,5 m de lonxitude (as femias algo menores que os machos), e que alcanza entre os 1 000 e os 1 500 kg de peso. O cranio presenta os maxilares superiores estreitos e alongados acabados en punta. A cabeza estréitase moito cara ao bico, que é moderadamente logo. A fronte é convexa e escasamente bulbosa, e presenta un avultamento diante do espiráculo. O melón é lixeiramente convexo. A gorxa presenta unhas pregas a ambos os lados da cara, máis xuntas no bico e que se proxectan formando un "V" aberto. A aleta dorsal é pequena e falciforme (en forma de fouciño), ás veces triangular, situada no terzo posterior do lombo e co extremo arredondado. As aletas pectorais son pequenas, e o animal dispón dunhas alforxas onde as pode repregar durante o mergullo. A aleta caudal está formada por dous lóbulos cóncavos e rematados en punta, non presentando fendedura entre eles. A coloración é gris escura no dorso, aclarándose nos flancos até chegar á cor abrancazada ra rexión ventral; presentan un parche escuro ao redor dos ollos; as aletas pectorais son escuras polo doso. O corpo dos machos presenta frecuetemente numerosas cicatrices producidas polos dentes de machos rivais durante os enfrontamentos entre eles.[8]
Viven xeralmente en augas de 200 a 1 500 m de profundidade.[9]
Bioloxía
Os zifios de Sowerby son animais solitarios que se manrteñen afastados dos barcos e por iso son raramente observados. Ás veces forman grupos de até 10 individuos.[8] Poden mergullarse até 30 min.
Pouco é o que se sabe sobre a reprodución desta especie. A madurez sexual alcánzase aos 4 ou 5 anos en ambos os sexos. A xestación e o período de aleitamento poden durar até os dous anos, polo menos.[8] As crías miden entre 2,4 e 2,7 m ao neceren, e pesan até 185 kg.[9][10]
Estado de conservación
O zifio de Sowerby foi cazado de modo marxinal polos baleeirosnoruegueses, pero esta práctica xa foi abandonada desde hai moito tempo. Rexístranse algunhas mortes debido ao quedaren enleados algúns individuos en redes de pesca, pero este fenómeno é pouco probábel que sexa realmente prexudicial para a especie.
Desde 1996 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) vén cualificando o status da especie como DD (datos insuficientes), consideración que se mantén a día de hoxe (2016). Esta cualificación baséase en que non hai informacións sobre a abundancia global desta especie, nin as tendencias sobre a evolución desta. Porén crese que é pouco común, e que é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel e non se pode descartar unha redución global do 30 % da súa poboación en tres xeracións.[2]
Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7.
Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
Heyning, John E (2002): "Cuvier's Beaked Whale", en Jefferson, Thomas A. Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 305–307. San Diego, California: Academic Press. ISBN 0-12-551340-2.
Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.