Zhitómir[1] (en ucraíno: Житомир, "Zhytomyr", [ʒɪˈtɔmɪr] (AFI); en polaco: Żytomierz) é unha cidade do norte da Ucraína occidental. É o centro administrativo da rexión e distrito homónimos, aínda que a cidade non pertence ao distrito de Zhitómir.
Ten unha superficie de 65 km² e unha poboación aproximada de 271 300 habitantes.