Naceu na prefectura de Fukuoka, situada no norte da illa de Kyūshū. Logo de rematar a secundaria na súa cidade natal marchou a Toquio. En 1997 debutou como actriz nun pequeno teatro tras ver un anuncio dunha compañía teatral[1]. A súa primeira aparición no cinema foi en 2009 no filme 20th Century Boys. En 2015 recibiu o premio á mellor actriz secundaria no "VIII Festival Internacional de Drama de Tokio"[2] e o premio Hōchi de cinema[3].
Filmografía
Filmes
2009 : 20-seiki shônen: Dai 2 shô - Saigo no kibô
2009 : Nakumonka
2010 : Hîrô shô
2011 : Maebashi vijuaru kei
2011 : Yôkame no semi
2015 : Biri Garu, Ai wo Tumuhito, Nonai Poison Berry, Hero