Yu-Gi-Oh! Duel Monsters (遊☆戯☆王デュエルモンスターズ, Yūgiō Dyueru Monsutāzu?) é un anime xaponés animado por Studio Gallop. Baséase na serie de manga Yu-Gi-Oh!, escrito por Kazuki Takahashi. É a segunda adaptación anime da serie manga, despois da serie de 1998 producida por Toei Animation e comeza coa historia arco do Reino de Duelistas. Ó igual que o manga e a primeira serie anime, conta a historia dun rapaz chamado Yugi Mutou, quen loita contra rivais en diferentes xogos. Nesta versión anime, o principal xogo é o xogo de cartas Duelo de Monstros.
A serie emitiuse orixinalmente no Xapón na canle TV Tokyo dende abril de 2000 até setembro de 2004, cun total de 224 episodios. Unha versión remasterizada, que se centra principalmente nos duelos, comezou a emitirse no Xapón en febreiro de 2015.[3] A serie expandiuse cunha miniserie spinoff titulada Yu-Gi-Oh! Capsule Monsters, ambientada entre o Grand Championship e o Dawn of the Duel na tempada 5, e que só foi estreada na versión inglesa, así como outras cinco series spinoff: Yu-Gi-Oh! GX, Yu-Gi-Oh! 5D's, Yu-Gi-Oh! Zexal, Yu-Gi-Oh! Arc-V e Yu-Gi-Oh! VRAINS. Baseándose no éxito da serie, 4Kids (agora Konami Cross Media NY) tamén encargou tres filmes animados: Yu-Gi-Oh! The Movie: Pyramid of Light, Yu-Gi-Oh!: Bonds Beyond Time e Yu-Gi-Oh!: The Dark Side of Dimensions.[4]
Notas