Xoán Xosé Fernández Abella |
|
Nacemento | 11 de setembro de 1933 Monforte de Lemos, España |
---|
Morte | 17 de agosto de 2023 (89 anos) |
---|
Formación profesional | Maxisterio, Dereito |
---|
|
Ocupación | poeta |
---|
Xénero artístico | Poesía |
---|
|
|
Xoán Xosé Fernández Abella, nado en Monforte de Lemos o 11 de setembro de 1933 e falecido o 17 de agosto de 2023,[1] foi un escritor galego.
Traxectoria
Con estudos de Maxisterio e licenciado en Dereito, foi emigrante en Venezuela entre 1966 e 1972. Foi mestre, entre outros lugares, en Ortigueira. Estivo moi vinculado á Estrada, aínda que nos seus últimos anos residiu en Teo.
Colaborou en diversas publicacións, como La Voz de Ortigueira, Ateneo Ferrolán ou Dorna.
Obras
Poesía
- Poemas galegos, 1976, edición con poemas en galego e castelán.
- Escolma de poemas, 1987, Ediciós do Castro.
- Poemas estradenses e catorce poemas máis, 2005, Edicións Fervenza.
- Poemas de amor, loanza, condena e outros, 2011, Follas Novas.
Obras colectivas
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
- Escrita Contemporánea, homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
- Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas