Xoán Ninguén (en inglés Meet John Doe) é un filme estadounidense de 1941 dirixido por Frank Capra e protagonizado por Gary Cooper e Barbara Stanwyck.
Foi emitido na TVG o 20 de setembro de 2002.[1]
Argumento
Cando un poderoso empresario compra un xornal e despide case todo o persoal, Ann, unha audaz xornalista, decide publicar no seu derradeiro artigo unha carta falsa en que se anuncia o próximo suicidio dun dos empregados despedidos, que firme como "John Doe". O éxito do artigo é tal que o xornal decide buscar un John Doe, para o que contrata un vagabundo, antigo xogador de béisbol, que se converte nunha personaxe moi popular e un líder de opinión. John Doe non está só, senón que ten o seu mellor amigo, The Colonel, que lle lembrará que cousas son importantes na vida. Cando o protagonista descobre de que xogo está a ser vítima pensa en suicidarse ante os seus seguidores.
Elenco
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 20 de setembro de 2002. Páx. 70
Véxase tamén
Ligazóns externas