Xosé María Teixido Núñez, nado nas Negradas (Guitiriz) en 1960, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria
Empresario. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Guitiriz e foi elixido alcalde ó lograr maioría simple e pactar co concelleiro de Converxencia Galega. Nas municipais de 2015 foi derrotado pola súa antecesora, a socialista Regina Polín Rodríguez, polo cal tivo cederlle o bastón de mando. Volveu a ser candidato do PPdeG nas municipais de 2019 e, pese a mellorar rexistros, volveu ser derrotado polo PSdeG-PSOE ó obtela maioría absoluta con Marisol Morandeira á fronte.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas