Xosé Luís Grande Grande, nado en Vilaquinte (Carballedo) o 4 de setembro de 1954, é un lingüista e político galego.
Traxectoria
Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Chapela. Foi concelleiro en Redondela por Esquerda Galega (1978-1991) e dende 1995 polo BNG.
Obras
Obras en colaboración
- Comentario de Textos Literarios, 1986, Ed. Alhena.
Traducións
- A tuta e a Ramoneta, de Llorenç Villalonga, 1984, Cadernos de Escola Gramática Galega, desde o catalán.
- A Historia de Moon, 1993, Ed. SM, con Mª Ángeles Babarro, desde o alemán.