Xosé Xoán Barreiro Prado, nado en Foz en 1958, é un maxistrado galego.
Traxectoria
Durante as súas primeiras etapas como xuíz, estivo ao cargo do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, órgano que recibiu o primeiro Premio Lois Peña Novo, en 1995, por ser un dos primeiros xulgados que traballou integramente en galego. É maxistrado presidente da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra e profesor na UNED.
Participa activamente en movementos asociativos. É membro fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, e da Irmandade Xurídica Galega. Tamén pertence ao consello de redacción da Revista Xurídica Galega.
Obra
Premios
- Premio Lois Peña Novo, 2000.
- Premio Xoán Manuel Pintos, 2006 do Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades amigas da Lingua, como recoñecemento ao seu labor de defensa e dignificación da lingua galega no eido xudicial, especialmente na cidade de Pontevedra.
- En 2009 foi nomeado fillo predilecto do concello de Foz polo seu labor profesional e polo seu compromiso na defensa da lingua galega no mundo da xustiza.
- En 2010 foi recoñecido como Galego Egrexio polo Premio da Crítica Galicia.
Véxase tamén
Ligazóns externas