Xosé María Díaz Sanxurxo, nado en Suegos (Pol)[1][2] o 25 de outubro de 1818[3] e finado en Tonkín (Vietnam) o 20 de xullo de 1857[2], foi un santo, bispo e mártir[2] da Igrexa católica.
Traxectoria
Nado na freguesía de Santa Eulalia de Suegos. Ingresou xa moi novo no Seminario de Lugo e máis adiante na orde dominicana (Dominicos). Foi misioneiro en Manila e posteriormente en Vietnam. Foi bispo de Tonkín.
Padeceu martirio o 20 de xullo de 1857, despois de ser detido e encadeado polas autoridades vietnamitas é finalmente executado. O seu verdugo decapitouno en tres golpes, tal coma el mesmo pedira. A raíz da súa morte, Francia realizou as súas primeiras incursións militares en Vietnam.[Cómpre referencia]
Autor dunha gramática hispano-vietnamita.
Foi beatificado no 1951, por Pío XII e nomeado santo por Xoán Paulo II en 1988.[4] Figura no santoral o 20 de xullo, día do seu martirio.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Follana Neira, Fernanda (2018). "200 años de San José María Díaz Sanjurjo: hijo de Pol, obispo y mártir en Vietnam". Lucensia (en castelán) (Lugo). XXVIII (56): 141–154. ISSN 1130-6831.
- Ónega López, José Ramón (1991). José María Díaz Sanjurjo: (un gallego en Vietnam) (en castelán). Lugo: Deputación Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións. ISBN 9788486824877.
- Trapiello y Sierra, Francisco (1899). Vida del venerable protomártir del Colegio de Dominicos de Ocaña, reverendísimo padre p. José María Díaz Sanjurjo, obispo de Platea y vicario apostólico del Tung-King Central (en castelán). Lugo: Tipografía de Gerardo Castro.