Xosé Luna
Xosé Luna Sanmartín , nado na Estrada en 1965 , é un mestre, escritor e activista cultural galego.
Traxectoria
Estudou maxisterio e logo licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela , exerce como mestre no CEIP do Foxo da Estrada. Colaborador en diferentes medios de comunicación, foi director de Edicións Fervenza entre 2000 e 2015.[ 1]
Como escritor cultivou a poesía, narrativa, dramaturxia e ensaio. Foi fundador da Festa da Poesía, partido de fútbol a prol da lingua e o Premio de Teatro Mome Varela Buxán.
Obras
Xosé Luna, Padriňo da VIII Festa das palabras organizada por todos os centros de ensino da Estrada, Dinamiza Estrada. 2021
Poesía
Memorias do Cairo (Ed. Fervenza, 2003). Con epílogo de Miro Villar .
A Marcial Valladares (Fundación Cultural da Estrada, 2004).
Stradapop (Librería Ler, 2005).
Sol rebulideiro (Técnicas and Gramaxe, 2012).
O libro dos bicos (Ed. Embora, 2014).
A estrada da vida (Ed. Artesón Produccións, 2018) poemas musicados polo cantautor Manoele de Felisa.
O tempo entre as mans (Ed. Fervenza, 2020).
Camiñando, camiñando... (Ed. Bolanda SL, 2021).
A mar, amar (Ed Bolanda, 2022)
Narrativa
As cometas da vida (Ed. Fervenza 1999).
O ano das mimosas (Ed. Fervenza, 2000).
O último tango da noite (Ed. Concello de Lalín, 2001).
Teatro
Tulipáns Vermellos (Ed. Fervenza, 2011).
As aventuras de Odiseo (Ed. Embora, 2016).
Arte
A Estrada románica , (A Fouce, 1999).
A Estrada Románica (Ed. Fervenza, 2020).
Ensaio
Manuel Daniel Varela Buxán O Patriarca do Teatro Galego (Seminario de Estudios de Deza, 2000).
Onde o sol facheaba ao amañecer : Vida e obra da Cantora da Ulla Avelina Valladares Núñez (Ed. Fouce, 2003).
Manuel Valladares Núñez Cantigueiro popular (Ed. Fundación Cultural da Estrada, 2003).
No Pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior (Espiral Maior, 2007).
Manuel Daniel Varela Buxán (Ed. Xerais, 2008).
90 Cousiñas (Técnicas and Gramaxe, 2006).
Da literatura e outras cousiñas (Ed. Embora, 2016).
Ond' o sol facheaba ô amanecer. Vida e obra da Cantora da Ulla, Avelina Valladares Núňez (Ed. Fervenza, 2022)
Traducións
Grazas, Padre Ramón , de Manuel Daniel Varela Buxán, (Ed. Seminario de estudos de Deza, 2003).
Edicións
Edición e unidade didáctica de Ollo cos estudantes de Manuel Bergueiro López. (Ed. Fervenza, 2003).
¿Pista ou peste? de Manuel Daniel Varela Buxán. Ed. Fervenza, 2003)
Salaios dun vello labrego de Manuel Daniel Varela Buxán. (Ed. Fervenza, 2005.
Conversa entre arrieiros de Marcial Valladares Núñez. (Ed. Fervenza, 2014)
Obras colectivas
¿Nos? Coma vos . (Ed. Concello de Lalín, 2001).
Antonio Fraguas Fraguas Lalín, lembranza de tempos idos. In Descubrindo (Ed. Seminario de Estudos de Deza, 2002).
Palabra de autor Palabra de autora . (Ed. CRTVG / Asociación Galega de Editores, 2005).
Poesía Contemporánea, Tabeirós – Terra de Montes , Carlos Loureiro Rodríguez, coordinador. (Ed. Fervenza, 2005).
Narrativa Contemporánea Tabeirós – Terra de Montes Carlos Loureiro Rodríguez, coordinador. (Ed. Fervenza, 2005)
VII Forxa Literaria (Ed. A Solaina de Piloño, 2005).
A Estrada Imaxes para a lembranza I (Ed. Fervenza, 2006).
No país da irmandade Homenaxe a Francisco Pillado Maior . (Ed. Deputación da Coruña / Universidade da Coruña, 2007).
Manuel Daniel Varela Buxán O Patriarca do Teatro Galego in Descubrindo (Seminario de Estudos de Deza, 2008).
En galego agora e sempre (Ed. Pío García Edicións, 2010).
Dairas (Ed. IES Manuel García Barros, 2011).
Forxa Literaria (Ed. A Solaina de Piloño, 2011).
Pedigree (Ed. Concello da Estrada, 2013).
Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González , (Ed. Fervenza, 2016).
Homenaxe a Olimpio Arca Caldas. Un Mestre do pobo . (Ed. Técnicas and Gramaxe, SL, 2016).
Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda . (Ed. Alvarellos, 2017).
Nós Premios literarios 2012 – 2015 / 2017 – 2019 (Ed. ASPAMITE, 2019).
Cancioneiro do Camiño de Manoele de Felisa (Ed. Artesón Produccións, 2020).
Premios
Outras distincións
Medalla de ouro de Fillos e Amigos da Estrada, 2009.
Medalla da Fundación A Solaina de Piloño, 2011.
O 9 de maio de 2009 inaugurouse a Biblioteca “Xosé Luna” promovida pola Asociación Deportivo e Cultural da parroquia estradense de Guimarei.
Homenaxe da Asociación Hijos del ayuntamiento da Estrada da Habana, Cuba, 2015.
Padriňo da VIII Festa das palabras organizada por todos os centros de ensino da Estrada, Dinamiza Estrada. 2021
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas