Xoana de Acre |
Nome orixinal | (en) Joan of Acre |
---|
|
Nacemento | 1272 Acre, Israel |
---|
Morte | 23 de abril de 1307 (34/35 anos) Clare, Reino Unido (en) |
---|
Causa da morte | trastorno puerperal |
---|
Lugar de sepultura | Clare Priory (en) |
---|
|
Ocupación | aristócrata |
---|
|
Título | Condesa Princesa |
---|
Familia | Casa de Plantagenet |
---|
Cónxuxe | Ralph de Monthermer (1297–1307) Gilbert de Clare, 7th Earl of Gloucester (1290, 1290 (Gregoriano)–1295) |
---|
Fillos | Gilbert de Clare, 8th Earl of Gloucester () Gilbert de Clare, 7th Earl of Gloucester Eleanor de Clare () Gilbert de Clare, 7th Earl of Gloucester Margaret de Clare () Gilbert de Clare, 7th Earl of Gloucester Elizabeth de Clare () Gilbert de Clare, 7th Earl of Gloucester Mary de Monthermer () Ralph de Monthermer Joan de Monthermer () Ralph de Monthermer Thomas de Monthermer, 2nd Baron de Monthermer () Ralph de Monthermer Edward de Monthermer, 3rd Baron Monthermer () Ralph de Monthermer |
---|
Pais | Eduardo I de Inglaterra e Lionor de Castela |
---|
Irmáns | Eduardo II de Inglaterra Leonor de Inglaterra, condesa de Bar Margarida de Inglaterra Sabela de Rhuddlan María de Woodstock Tomé de Brotherton Afonso, conde de Chester Henrique de Inglaterra Edmundo de Woodstock, 1º conde de Kent |
---|
|
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
---|
|
Xoana de Acre, nada en abril de 1272 en San Xoán de Acre e finada o 23 de abril de 1307 en Clare, Suffolk, foi unha princesa inglesa, filla do rei de Inglaterra Eduardo I.
Traxectoria
Era a sexta filla de Eduardo I e Lionor de Castela. Naceu en San Xoán de Acre durante a novena cruzada que dirixía seu pai, por iso se lle chamou «Xoana de Acre» (Joan of Acre en inglés). Pasou os primeiros anos da súa vida no condado de Ponthieu coa súa avoa materna, a condesa Xoana de Dammartin.
En 1278, Eduardo I chama a súa filla a Inglaterra coa intención de casala con Hartmann, fillo primoxénito do rei dos Romanos Rodolfo I de Habsburgo, proxecto que non chega a realizarse. Finalmente Xoana casa co conde de Hertford e de Gloucester Xilberto de Clare en 1290.
Dese matrimonio naceron un fillo e tres fillas.
Trala morte de Xilberto o 7 de decembro de 1295, casa en segredo con Raúl de Monthermer, un escudeiro da casa do seu primeiro marido (en contra da vontade do seu pai, que proxectaba casala con Amadeo V de Savoia). Deste segundo matrimonio tivo catro fillos.
Morreu o 23 de abril de 1307 en Clare, onde foi soterrada (no priorato dos Agustiños).