Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, nado en Xuño (Porto do Son) en 1973, é un escritor e político galego do PSdeG-PSOE. Foi alcalde de Porto do Son entre 2009 e 2011.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Investigador sobre a literatura, ten publicado varios libros sobre escritores da Barbanza. Foi concelleiro en Porto do Son dende o 2003. Foi elixido alcalde de Porto do Son tras unha moción de censura a Manuel Tomé Piñeiro en 2009.[1]
Obras
- Escritores da Barbanza, 1999.
- Diccionario de escritores ribeirenses, 2001.
- Con Román Arén: Un río de sangue e tinta, 2006. Asociación Cultural Barbantia e Concello de Boiro.
- Dicionario Ramón Piñeiro, 2009.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas