O Xi Jiang (literalmente «río do oeste»; en pinyin : Xī Jiāng, en pinyin 西江, transcrito en Wade-Gilles Si Kiang, e ás veces dito «Hsi Jiang») é un río do sur da China, que ten un curso de 2197 quilómetros O Xi Jiang é o terceiro dos ríos máis longos da China, tras o río Yangtzé e o río Amarelo.
Ao longo do seu curso recibe nomes diversos. Primeiro é o de Nanpan, despois o de Hongshui e Xun, para finalmente ser o Xi Jiang.
Curso
O Xi nace no oeste da provincia de Yunan, en Llanwan Shan. As súas fontes áchanse ao nordeste de Kunming e algo ao norte de Qujing. Desde aí as súas augas atravesan as provincias de Yunan, Guizhou e máis Guanxi, formando o seu leito o límite entre esta última e a de Guangdong. Flúe primeiro en dirección sur, para encurvarse cara ao oeste desde Wuzhou. Logo xa no tramo final divídese en varios brazos, o máis importante dos cales atravesa Jiangmen, e deixando Macau a oeste, desauga no mar da China Meridional.
O río das Perlas
Un dos brazos do seu treito baixo, únese co Dong Jiang ("río do leste") e co Bei Jiang ("río do norte"), converténdose entón no Zhu Jiang ou río das Perlas, que atravesa a cidade de Cantón, e forma un amplo estuario tamén sobre o mar da China Meridional.
Navegabilidade
En numerosos tramos do seu curso o Xi Jiang é navegábel, mais desde a súa desembocadura barcos de calado mediano só poden remontar uns 150 km río arriba, porén, por medio dos seus afluentes, en especial a través o Li Jiang, pódese chegar até o transpaís con maior facilidade.
Afluentes
Os máis importantes son:
Cidades importantes no curso
Homónimos
Existe outro río Xi, un afluente menor do río Jiulong, no noroeste de Xiamen.
Véxase tamén