Xesús Santos Suárez, nado en Asados (Rianxo) o 28 de setembro 1936, é un mestre e escritor galego.
Traxectoria
Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Foi mestre en Pontevedra, Val do Dubra, Boiro e finalmente en Calo, onde estivo máis de dúas décadas, ata que se xubilou.[1]
Foi director do grupo de teatro Airiños de Asados, co que representou A fiestra valdeira de Rafael Dieste.[2]
É poeta e investigador sobre a historia de Rianxo.
Obras
- Balada do vento na ría (1987). Asados: Centro Cultural Ramón Varela. 102 páxs.
- A fraga (des)animada 3 actos (1993). Vigo: Ir Indo. 95 páxs. ISBN 978-84-7680-114-7
- Os amigos de Martiño (1999). Vigo: Ir Indo, Col. Contacontos. 106 paxs. ISBN 9788476802755.
- O viquingo converso (farsa histórica) (2017). Concello de Catoira. 125 páxs.[3] É un relato sobre as orixes do desembarco de Catoira, levado aos escenarios pola compañía Úrsula.
- Biografía de Arcos Moldes (Rianxo, apuntes dunha vila mariñeira, 1865-1944) (1994). Concello de Rianxo. 286 páxs.
- A heráldica nas terras de Rianxo. Brasóns e linaxes (1997). Deputación da Coruña. 418 páxs. ISBN 978-84-89652-50-7.
- Saúde e República (Rianxo 1930-1936). Política e sociedade (2006). Concello de Rianxo. 403 páxs.
- Rianxo na súa historia. Consecuencias da guerra civil (1936-1939) (2010). Deputación da Coruña. 400 páxs. ISBN 978-84-9812-120-9.
- Rianxo na ditadura franquista (1939-1979) (2014). Deputación da Coruña. 504 páxs. ISBN 978-84-9812-255-8.
- Arcos Moldes, mestre sen escola. O Rianxo do seu momento 1865-1944 (2017). Deputación da Coruña.[4]
Con Xosé Comoxo e Xesús Costa
- Rianxo na Guerra Civil. Campo de concentración de prisioneiros de guerra 1937-1939 (2003). Concello de Rianxo. 139 páxs. ISBN 978-84-607-8969-7.
- Manuel Antonio "ite misa est" (1996). A Nosa Terra, nº 16.
- Rianxo no centenario do nacemento de Manolo Rodríguez Castelao (2005). Barbantia, nº 1. Con Xosé Comoxo e Xesús Costa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía