As discusións do Concilio de Trento sobre o papel da liberdade e a súa relación coa graza divina non terminaran coa controversia De Auxiliis.
Jansenio pensou encontrar nos escritos de Agostiño de Hipona unha resposta máis satisfactoria. Por iso elaborou a súa obra Augustinus onde trata sobre todo tres puntos:
Desenvolvemento da súa concepción sobre a noción de "graza eficaz".
Segund consta no mesmo escrito, el pensaba con isto manterse dentro da explicación da teoloxía de Agostiño e sometía o escrito, con submisión, ao que ditara o Papa.
Porén Jansenio, debido á controversia teolóxica que podería xerar, non publibou o Augustinus, o que se fixo de forma póstuma en 1640, en Lovaina.
Baseado neste libro xorde un movemento que se desenvolve en tres ramas: xansenismo teolóxico, xansenismo moral-espiritual (que influíu no rigorismo moral nos séculos XVIII a XIX) e xansenismo político-antixesuítico-galicanista (considerado como o movemento maioritario dentro do xansenismo).
As sucesivas condenas por parte da Santa Sé romana obrigaron aos xansenistas a soster posicións conciliaristas, o que os levou ao galicanismo.
O movemento, desde o seu inicio, mostrouse inimigo xurado dos xesuítas e, por iso, derivou en postura política grazas ao apoio de Blaise Pascal.
Véxase tamén
Bibliografía
Bihlmeyer, K. e H. Tuechle (1999): Storia della chiesa, vol. 4: época moderna. Brescia: Ed. Morcelliana. ISBN 88-372-0666-6.
Martina, G. (1974): La Iglesia: de Lutero a nuestros días, Ed. Cristiandad. Catro volumes. ISBN 84-7057-153-2.
Fraile Miguélez, M. (2010): Jansenismo y regalismo en España. Ed. Agustiniana, Guadarrama. ISBN 978-84-95745-98-9.