Xaime Barreiro

Modelo:BiografíaXaime Barreiro
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Santa Comba, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

BNE: XX847414 BUSC: barreiro-gil-jaime-1951-2

Manuel Jaime Barreiro Gil, nado en Freixeiro (Santa Comba) o 18 de agosto de 1951, é un economista e político galego.

Traxectoria

Licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais na USC, acadando posteriormente o doutoramento. Foi membro durante breve tempo de Voces Ceibes. Durante ese tempo era coñecido como "O Chuspe".

Dirixente do PSG, foi un dos que se incorporou ao PSdeG trala aprobación da constitución. Foi senador de 1982 a 1996 pola provincia da Coruña. Foi presidente do Grupo Parlamentario Socialista do Senado e membro da Unión Parlamentaria Internacional e das Asembleas Parlamentarios do Consello de Europa, a Organización do Tratado do Atlántico Norte, a Unión Europea Occidental e a Organización para a Seguridade e a Cooperación Económica.

Foi decano da Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais da USC entre o 2003 e o 2007, impartindo na actualidade docencia na área de Historia e Institucións Económicas.

Obras

  • Población, propiedad de la tierra y formación del mercado agrario en Galicia 1900-1930, 1983.
  • Prosperidade e atraso en Galicia durante o primeiro terzo do século XX, 1990.
  • As raiceiras históricas do cooperativismo agrario en Galicia, 2013

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas