Xabier Xil Xardón, nado en Morgade (Xinzo de Limia) en 1983, é un poeta galego.
Traxectoria
É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e actualmente é profesor de lingua e literatura galega no ensino medio. No seu poemario Os animais son universais porque non teñen retranca trata de realizar un retrato do ambiente e da xente da Limia, mentres que n'O trono xa non vén do ceo amósase mais crítico.
Pertence ao colectivo das Redes Escarlata.
Obra
Poesía
Narrativa
Obras colectivas
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Premio 2012 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo, 2012, Xerais.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019).
Premios
Véxase tamén
Ligazóns externas