A Editorial Urutau e unha empresa editorial galaico-brasileira-portuguesa independente, alternativa de venda directa, que foi nada no 2015 na Bragança Paulista, Brasil. No ano 2018 fundaron a súa delegación en Pontevedra.[1]
Historia
No ano 2012 en Campinas o norte do estado de São Paulo, Ana Penteado, Wladimir Vaz, Tiago Rendelli e Carlos Rafael Souza, un grupo de amigos estudantes da Universidade Estatal de Campinas (UNICAMP), xuntáronse para publicar libros. Entre os catro fundaron a Editora Medita.[2]
Despois de máis de 20 libros publicados, Carlos Rafeel Souza abandonou o grupo, e os tres integrantes restantes fundaron Editorial Urutau. Ata finais do 2016 contaban con 28 libros no mercado. No 2018 fúndase unha delegación en Pontevedra. En 2019 Ana Penteado, pesquisadora, abandona a editorial, reducindo o cadro a dúas persoas: Wladimir Vaz[1] deseñador gráfico, poeta e editor Galicia, Tiago Rendelli[1] poeta e editor no Brasil.
A finais do ano 2019 contan no seu haber 200 títulos publicados[3]. A Editorial Urutau de Galica ocupase tamén da pescuda e edición en Portugal. Poesía, prosa poética, contos e o xénero dramático son as súas especialidades. Judite Canha Fernandes[4] con a fúria da loiça da china (2018) e o mais difícil do capitalismo é encontrar o sítio onde pôr as bombas (2017), María Azenha con A mamá por cima dos telhados e o meu amor (2019), Silvia Penas con Fronteira Paraíso (2019), Ronsel Pan con O atentado de Ulrike Meinhof (2019), Arancha Nogueira con O único lugar onde ficar inmóbil (2019), María Giulia Pinheiro con Avessamento (2019), Chus Pato con Heloísa (3º edición 2019), Elisabeth Oliveira con Naufragas (2019), Eli Ríos con Se calhar nao é o tempo o que importa (2019) Irma Estopiña con Espiral (2019), Patricia Meira con Non-maternidade, Lígia Reyes con Amor peixes e outras loucuras (2019), María Estela Guedes con Clitóris Clítoris, Carla Carbatti Na cadéncia do caos (2019), son algúns dos seus autores e autoras de Galicia e Portugal.
Dende as súas orixes Editorial Urutau caracterízase por publicar autores novos, pola súa aposta pola diversidade cultural e pola súa independencia, cunha fonda vertente feminista, co 70% das súas obras escritas por mulleres, ou que procuran a súa visualización [5].
Premios
- Edición 59º do premio JABUTI co libro de poesía Identidade de Daniel Francoy Brasil 2017 [6].
- Terceiro premio literario na categoría poesía da Biblioteca Nacional do Brasil 2019 [7].
Coleccións
- Colección Avis Rara
- Poesía galega, portuguesa, brasileira, cabo-veridana.
- Analoxías poéticas:
Convocatorias de premios
Editorial Urutau na súa labor de activar os movementos de escritoras e escritores LGBTQ, de poetas negras e negros, indíxenas e grupos sociais minoritarios convoca con regularidade certames poéticos, narrativos ou vídeo-poéticos.
- Chamadas abertas regulares para a premiar coa publicación, autores e autoras noveis residentes en diferentes cidades: São Paulo, Río de Xaneiro...[11]
- Certame de vídeo-poesía da editorial Urutau [11].
Véxase tamén
Intempestiva- Revista de Literatura e Artes Visuais [12][13].
Presentación do poemario Ficar de Cristina Corral Soilán na Galería Sargadelos de Lugo 2019.[14]
Páxina oficial da Editorial Urutau [15]
Notas