Xabier Cid Fernández, nado en Ourense o 7 de setembro de 1975, é un escritor e tradutor galego.
Traxectoria
Licenciado en filoloxía e mestrado en xestión deportiva, foi consultor da Navalla Suíza. Este xestor de proxectos dixitais traballou de administrativo, de árbitro, de xornalista, de profesor de galego, de guía turístico, de empresario, de tradutor e de repartidor de comida. Viviu en Stirling e Glasgow (Escocia) durante catorce anos, despois en Pontevedra foi profesor no colexio Doroteas antes de marchar a Madrid.[1]
Colaborou un ano na Radio Galega e foi candidato pola circunscrición electoral da Coruña, na lista de Converxencia 21, nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016.[2] É editor habitual na Galipedia desde 2006. Colaborou en Praza.gal.[3]
En 2022 publicou 10.000 millas de andar na bici. Entre 2018 e 2020, a protagonista deste libro repartiu comida polas rúas de Glasgow e outras cidades escocesas enriba dunha bicicleta tradicional, experiencias que conta nesta narración.[4]
Obras
Traducións
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas