Xabier Abalo Costa, nado en Cangas, é un político galego do BN-PG e do BNG. Alcalde de Moaña en tres lexislaturas.
Traxectoria
Foi elixido alcalde do Concello de Moaña en 1979 en coalición con Unidade Galega, perdendo a alcaldía en 1987. Volveu ser alcalde de 1995 a 1999. No seu mandato fíxose a II edición do festival folk do Morrazo, primeira edición internacional do Intercéltico, e encabezou as protestas en 1982 contra os residuos nucleares que botaban ao mar buques coma o Scheldeborg.