X-Men: Days of Future Past é un filme de superheroes dirixido por Bryan Singer que se estreou no 2014. Baséase nos personaxes ficticios de X-Men que aparecen en Marvel Comics. É o sétimo filme sobre os X-Men e é unha secuela tanto de X-Men: The Last Stand (2006) como de X-Men: First Class (2011). A historia, inspirada na trama de 1981 "Days of Future Past" creada por Chris Claremont e John Byrne, céntrase en dous períodos temporais e na viaxe de Lobeto a 1973 para salvar o futuro da humanidade. Neste filme actúan actores como Hugh Jackman, James McAvoy, Michael Fassbender, Jennifer Lawrence, Halle Berry, Anna Paquin, Elliot Page, Nicholas Hoult, Shawn Ashmore, Peter Dinklage, Ian McKellen e Patrick Stewart. Simon Kinberg escribiu o guión a partir dunha historia concibida por el, Matthew Vaughn e Jane Goldman.
Trátase dunha coprodución británico-estadounidense cun orzamento de $200 millóns. A rodaxe comezou en Montreal, Canadá, en abril de 2013 e rematou en agosto do mesmo ano. A estrea fíxose na cidade de Nova York o 20 de maio de 2014, e nos cines o 23 de maio.
X-Men: Days of Future Past recibiu boas críticas, converténdose no mellor valorado da serie X-Men. Salientan o seu fresco estilo visual e a súa trama. Tamén é o filme con maior recadación da serie, con $736 millóns en todo o mundo. A súa secuela, X-Men: Apocalypse, estreouse no 2016, con Singer como director.
Sinopse
Os X-Men loitan pola supervivencia dos mutantes nunha guerra que se desenvolve en épocas diferentes. Os personaxes da triloxía cinematográfica orixinal de “X-Men” unen as súas forzas ás que eles mesmos posuían no pasado, cando eran máis novos , para cambiar un importante acontecemento histórico e librar unha épica batalla que podería salvar o futuro.
Personaxes
Famke Janssen e James Marsden retoman os seus papeis como Jean Grey e Cyclops respectivamente nun cameo do filme.[8] Lucas Till aparece no seu papel de Alex Summers / Havok.[9] Evan Jonigkeit interpreta a Toad.[10]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas