World War Z é un filme británico-estadounidense dirixido por Marc Forster que se estreou no 2013. O guión de Matthew Michael Carnahan baséase na novela World War Z de Max Brooks. O filme está protagonizado por Brad Pitt no papel de Gerry Lane, un antigo investigador das Nacións Unidas que debe atopar o modo de deter unha pandemia zombi.[3]
Sinopse
Cando o mundo comeza a ser invadido por unha pandemia de mortos viventes, o experto investigador das Nacións Unidas Gerry Lane (Brad Pitt) intentará evitar o que podería ser a fin da civilización. A destrución á que se ve sometida a raza humana faille percorrer o mundo enteiro buscando a orixe da horrible epidemia que ameaza á súa familia e ó resto da humanidade.
Personaxes
- Brad Pitt como Gerry Lane, un antigo membro das Nacións Unidas que é chantaxeado para que investigue a terrible pandemia que se está a espallar por todo o planeta.
- Mireille Enos como Karin Lane, muller de Gerry e nai de dúas nenas.
- Fana Mokoena como Thierry Umutoni, Secretario Xeral das Nacións Unidas.
- Daniella Kertesz como soldado israelí coñecida como "Segen" que acompaña a Gerry cando deixa Israel.
- James Badge Dale como Capitán Speke, ó cargo do Campamento Humphreys, en Corea do Sur.
- David Morse como exmembro da CIA prisioneiro por vender armas a Corea do Norte.
- Ludi Boeken como Jurgen Warmbrunn, Director da Mossad; responsable das defensas preventivas de Israel.
- Matthew Fox como soldado enviado por Thierry Umutoni para rescatar á familia Lane en Newark.
- Abigail Hargrove como Rachel Lane, filla máis vella de Gerry e Karin.[4]
- Sterling Jerins como Constance Lane, filla máis nova de Gerry e Karin.
- Fabrizio Zacharee Guidoas como Tommy, rapaz que é rescatado pola familia Lane en Newark despois de que os seus pais foran infectados.
Banda sonora
En decembro de 2011 publicouse que Marco Beltrami sería o compositor de World War Z.[5] En maio de 2013, a banda de rock británica Muse publicou un vídeo na súa canle de YouTube, no cal se revelaba que eles contribuirían na banda sonora de World War Z, e as cancións "Isolated System" e "Follow me" foron usadas.[6] En xuño, Warner Bros. Records lanzou o álbum da banda sonora, que contén as composición orixinais de Beltrami.[7]
- Philadelphia (4:03)
- The Lane Family (2:47)
- Ninja Quiet (2:54)
- Searching for Clues (5:33)
- NJ Mart (4:01)
- Zombies in Coach (3:43)
- Hand Off! (2:49)
- No Teeth No Bite (3:25)
- The Salvation Gates (4:24)
- Wales (5:22)
- Like a River Around a Rock (5:08)
Duración total (44:09)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas