Woman of the Hour é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Anna Kendrick e escrito por Ian McDonald. Baséase na historia real do asasino en serie Rodney Alcala e a súa aparición en 1978 no programa de televisión The Dating Game no medio da súa onda de asasinatos. O filme está protagonizado por Kendrick como a concursante do programa Sheryl Bradshaw e Daniel Zovatto como Alcala, xunto a Nicolette Robinson e Tony Hale. No momento do programa, Alcalá asasinara cando menos cinco mulleres, e a súa aparición no episodio máis tarde valeulle o alcume de "The Dating Game Killer".
Woman of the Hour estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Toronto o 8 de setembro de 2023, e estreouse en Netflix o 18 de outubro de 2024.[3][4]
Personaxes
Notas