Wilco é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Chicago, Illinois no ano 1994. O grupo formárono os membros da banda de country alternativo Uncle Tupelo, despois da saída do seu vocalista Jay Farrar. Os seus membros cambiaron frecuentemente, permanecendo só o vocalista Jeff Tweedy e o baixista John Stirratt da súa formación orixinal. Dende o ano 2004, os outros membros son o guitarrista Nels Cline, os multi-instrumentistas Pat Sansone e Mikael Jorgensen e o batería Glenn Kotche.
A música de Wilco foi inspirada por unha gran variedade de artistas e estilos, e converteuse en influencia dun bo número de grupos de rock alternativo actuais. No seu álbum de estrea Wilco continuou o son country alternativo de Uncle Tupelo, pero dende entón introduciron máis experimentación á súa música, incluíndo elementos do rock alternativo e do pop clásico.
Discografía
Álbums de estudio
EPs
Álbums ao vivo
Véxase tamén
Ligazóns externas