Wide-field Infrared Explorer, coñecido tamén polo seu acrónimo WIRE, foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 5 de marzo de 1999 mediante un foguete Pegasus XL desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][3][5][6]
Características
WIRE foi un observatorio espacial arrefriado mediante hidróxeno sólido capaz de observar o ceo en dúas lonxitudes de onda infravermellas (12 e 25 micrómetros). Foi deseñado para estudar galaxias con gromos estelares e buscar protogalaxias. O telescopio de WIRE tiña unha apertura de 30 cm e era de tipo Ritchey-Chretien.[3][5][6]
Pouco despois do lanzamento a cobertura do telescopio foi exectada prematuramente, expoñendo o hidróxeno sólido, que se sublimou, acelerando a rotación do observatorio e producindo a perda do refrixerante. O control do observatorio foi finalmente recuperado, pero sen o hidróxeno para arrefriar o instrumentos a misión principal deuse por perdida. A nave reutilizouse para facer observacións co seguidor de estrelas para a monitorización a longo prazo de estrelas en apoio a futuras misións astrosismolóxicas e de busca de exoplanetas. WIRE reentrou na atmosfera terrestre o 10 de maio de 2011.[3][5][6]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "WIRE" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 17 June 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-86422). 21 de xullo de 1999: 9. Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (27 de abril de 2016). "WIRE" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "WIRE" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: WIRE (SMEX 5)" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "WIRE" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018.
Véxase tamén
Outros artigos