Westinghouse Electric

Westinghouse Electric

Planta de Pittsburgh (antes do 1888)
Fundación8 de xaneiro de 1886
MatrizCBS Corporation
LocalizaciónPittsburgh, Pensilvania Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorGeorge Westinghouse
Na rede
Twitter: W__Home Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Westinghouse Electric foi unha empresa norteamericana pioneira no sector eléctrico fundada en 1886 por George Westinghouse. A empresa foi mercada por CBS en 1995 e pasou a chamarse CBS Corporation en 1997.

A empresa foi pioneira na produción eléctrica con corrente alterna, distribución eléctrica de alta tensión con patentes de Nikola Tesla e deu a coñecer a tecnoloxía da iluminación en Great Barrington, Massachusetts.

Westinghouse fabricou o primeiro motor de aviación a reacción norteamericano pero fracasou no proxecto J40. Isto fixo perder unha década á Armada dos EE.UU, e tivo que abandonar a fabricación de reactores para aviación nos anos 1950.

Historia

George Westinghouse.

Anos 1880

Anos iniciais

  • 1886 Fundación de Westinghouse Electric Company[1]
  • 1889 Renomeada como Westinghouse Electric & Manufacturing Company

Anos 1890

Pioneira na corrente alterna

  • 1888 Invención dun contador eléctrico de indución para corrente alterna por Oliver B. Shallenberger.
  • 1891 Fabricación do primeiro sistema comercial de corrente alterna (Planta de xeración eléctrica de Ames, Estados Unidos)
  • 1893 Proporciona electricidade e iluminación para a World's Columbian Exposition e xeradores para Gettysburg Electric Railway.
  • 1895 Instala xeradores hidroeléctricos de CA na Adams Power Plant, cataratas do Niágara para subministrar electricidade a Buffalo, Nova York (rematada en 1896).
  • 1899 Funda a British Westinghouse Electric and Manufacturing Company.

1900 a 1920

Crecemento e cambio

  • 1901 Adquire Bryant Electric Company de Bridgeport, Connecticut, que continúa operando como unha filial.
  • 1909 Introduce no mercado a bombilla de filamento continuo de tungsteno; George Westinghouse é expulsado da empresa durante a reorganización despois da bancarrota da empresa.
  • 1914 Merca Copeman Electric Stove Company de Flint, Míchigan de Lloyd Groff Copeman, a empresa transládase a Mansfield, Ohio e entra no mercado do fogar (vendido en 1974 a White Consolidated Industries).
  • 1915 Inicia o negocio New England Westinghouse Company. O primeiro produto é o rifle Mosin-Nagant para o exército do tsar.
  • 1916 A British Westinghouse é mercada por un grupo de empresas británico, pasando a ser Metropolitan-Vickers.
  • 1921 Merca Pittsburg High Voltage Insulator Company.
  • Anos 1920 entra na industria da radio, coas estacións KDKA en Pittsburgh, Pensilvania e WBZ en Massachusetts.

1930 a 1940

  • 1932 Anuncia o rectificador Ignitron de arco de mercurio.
  • 1934 Abre a sede Home of Tomorrow (fogar do mañá) en Mansfield, Ohio, para amosar as aplicacións Westinghouse do fogar.
  • 1935 Completa a fundición de aceiro en continuo máis grande do mundo para Ford Motor Company, Dearborn, Míchigan.
  • Anos 1930 Crea o xerador magnetohidrodinámico.
  • 1937 Constrúe o primeiro acelerador industrial de átomos Van de Graaff con 5 MeV para romper átomos.
  • Anos 1940 Entra no sector aeronáutico co rádar (o sector da electrónica militar foi vendido en 1996), motores a reacción, e iluminación de aeroportos, faise subministrador do exército americano producindo plástico para os cascos M1.
  • 1941 Despois de anos de oposición aos sindicatos e á National Labor Relations Act, asina un acordo laboral coa United Electrical, Radio and Machine Workers of America despois da sentenza da Corte Suprema dos Estados Unidos que o obriga a cumprir a lei.
  • 1943 Merca a Kentucky-Radio Corporation (Ken-Rad) en Owensboro, Kentucky de Roy Burlew por 35 000 accións da Westinghouse valoradas en 1,6 millóns de dólares.
  • 1945 Troca o nome por Westinghouse Electric Corporation, e constrúe o seu primeiro ascensor eléctrico. Créase a Westinghouse Aviation Gas Turbine Division.

1950 a 1970

Entra no negocio financeiro: Westinghouse Credit Corporation

  • 1954 Abandona o negocio ferroviario (locomotoras e transporte).
  • 1955 Fracasa o motor Westinghouse J40 deixando en terra tódolos avións F3H. Tódolos demais avións que o empregan deben cambiar a outros motores. Westinghouse é obrigada a saír do negocio dos motores de aviación.
  • Anos 1960 Merca ThermoKing, inviste no transporte público (vendido en 1988); adopta o eslogan publicitario "You Can Be Sure If It's Westinghouse" (Podes sentirte seguro se é Westinghouse) para o fogar.
  • Anos 1970 Vende a súa liña branca a White Consolidated Industries que pasa a chamarse: White-Westinghouse. Crea o primeiro display AMLCD (active-matrix liquid crystal display) do mundo.
  • 1979 Abandona tódolos negocios relacionados co petróleo no Oriente Medio despois da Revolución iraniana.

Anos 1980

  • 1981 Adquire a división de televisión por cable de TelePrompter (vendida en 1985).
  • 1982 Adquire o fabricante de robots Unimation. Vende a división de alumeado público a Cooper Lighting.
  • 1983 Vende a súa división de iluminación a Philips.
  • 1988 Vende a división de ascensores e escaleiras mecánicas ao grupo Schindler.
  • 1988 Entra con Taiwan Electric nunha joint venture para fabricar motores eléctricos. Taiwan Electric merca o negocio e pasa a chamarse TECO Motor Company.
  • 1988 Troca Industrial and Government Tube Division a Imaging and Sensing Technologies Corporation.
  • 1988 Pecha a planta de East Pittsburgh, a cal fora a principal fábrica de Westinghouse.
  • 1989 Vende o negocio eléctrico a Asea Brown Boveri Group (ABB).

1990 a 2000

Antiga sede en Broadway, Nova York
  • 1994 Vende o negocio de distribución eléctrica e control a Eaton Corporation por mil millóns de dólares.
  • 199x Separa o negocio das telecomunicacións da telefonía na Westinghouse Communications division.
  • 1995 Dirixida por Michael H. Jordan, merca a empresa CBS por 5.400 millóns de dólares.
  • 1996 Merca Infinity Broadcasting. Vende Westinghouse Electronic Systems, o negocio de defensa a Northrop Grumman por 3.000 millóns de dólares, creando Northrop Grumman Electronic Systems.
  • 1997 Vende a maioría do negocio non relacionado cos negocios da comunicación; pasa a chamarse CBS Corporation.
  • 1998 Vende o que lle queda dos sectores industriais e nuclear á BNFL, que o revende a Toshiba en 2006, quen segue a operar baixo o nome de Westinghouse Electric Company.
  • 1998 CBS Corporation crea unha nova subsidiaria chamada Westinghouse Electric Corporation que opera coa marca Westinghouse.
  • 1999 Véndese a Viacom, Inc.
  • 2006 Viacom escíndese en dúas empresas, a nova Viacom, e a vella pasa a Viacom CBS Corporation para revivir o nome de Westinghouse.
  • 2010 The Westinghouse Electric Company abriu novas oficinas centrais en Cranberry Township, Butler County, Pensilvania onde mantén o legado industrial do orixe de Westinghouse Electric Corp.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas