Traballou como mestre en diversos lugares de Galicia e España, e posteriormente licenciouse en filoloxía hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Dedicouse inicialmente á formación do profesorado, sacou posteriormente praza en secundaria e conseguiu destino en Ourense, onde traballou ata a súa xubilación. Colaborou activamente nas actividades culturais da cidade nos últimos anos da ditadura e na democracia, e escribiu en revistas e xornais locais, e en particular en La Región. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega no 2010 e membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2011.