A proba ten 11 tiradas chas, 8 de media e alta montaña, 2 cronos individuais e que fan 74 km, 4 chegadas no alto, 3 portos de categoría especial, 6 de 1ª categoría, 15 de 2ª caregoría e 18º de 3ª categoría.
Óscar Pereiro sufriu unha gastroenterite pola que tivo que retirarse na tirada novena, a primeira das pirenaicas[1]. Serafín Martínez Acevedo abandonou na tirada décimo cuarta, logo de que vestise o mailló de líder da montaña nas primeiras xornadas e de que se mantivese na parte alta desta clasificación ata o seu abandono.
A proba comezará cunha tirada completa en liña (nin contra o reloxo nin prólogo), o que non se facía dende 1998. A 4ª etapa ascéndese ó porto asturiano dos Lagos de Covadonga. A seguinte etapa chega a Reinosa e constará de 4 portos, un deles, La Palombera, que será de 1º categoría e a só 18 km de meta. A primeira crono disputarase en Zaragoza sobre 49 km. Os escaladores atopáranse con dúas tiradas de alta montaña seguidas nos Pireneos. Na primeira delas ascenderán catro portos: Monrepos, Serrablo, Foradad e a ascensión final a Cerler. Ó día seguinte será a etapa máis longa e terán que subir Fayas, Perves, Cantó e a ascensión final a Ordino-Arcalís.
A segunda parte da Volta será máis levadía por terras levantinas e murcianas ata chegar a Andalucía. A 14º tirada disputarase na Serra de Cazorla, onde se ascenderán 3 portos. A 15º etapa chegarase á provincia de Granada, onde os ciclistas defrontarán, como nas últimas dúas edicións, a ascensión do Monachil. A 16ª xornada terá tres portos e chegarase a Castela-A Mancha. A 18ª xornada chegarase a Ávila, ascendendo Mijares e Navalmoral. Ó día seguinte chegarase ó Alto de Abantos, como a última etapa con final no alto. Está etapa constará de 6 portos e Abantos subirase dúas veces. O penúltimo día haberá unha contra o reloxo clásica de 25 km por Collado Villalba e a Volta terminará ó día seguinte no Paseo de la Castellana en Madrid.
Collado de Ozalba (560 m, 2º) | Collado de Carmona (620 m, 2º) | Palombera (1.230 m, 1º)
6
Alto de Cerceda (730 m, 3º)
9
El Serrablo (1.290 m, 2º) | La Foradada (1.020 m, 2º) | Cerler (1.920 m, especial)
10
Perves (1.350 m, 2º) | Cantó (1.600 m, 1º) | Ordino-Arcalís (2.220 m, especial)
11
Porto Chirivilla (711 m, 2º)
13
Alto de Prego (460 m, 3º)
14
El Pinar (1.60 m, 2º) | Alto del Tronco (1.100 m, 2º)
15
Los Blancares (1.290 m, 3º) | Alto de Monachil (1.510 m, 1º)
16
Alto del Parque Natural de Andújar (750 m, 2º) | Alto de la Sierra Madrona (960 m, 3º) | Los Rehoyos (980 m, 2º)
17
El Milagro (930 m, 3º)
18
Navalmoral (1.514 m, 2º)
19
Alto de Santa María de la Alameda (1.440 m, 2º) | Alto de Robledondo (1.400 m, 3º) | Alto de Abantos (1.650 m, 1º) | Alto de Robledondo (1.400 m, 3º) | Alto de Abantos (1.650 m, 1º)