Voo 8501 de Indonesia AirAsia

Voo 8501 de Indonesia AirAsia
O avión do accidente en abril de 2014
Resumo
Data  28 de decembro de 2014
Causa  fallo non crítico mal xestionado
Lugar  mar de Xava
Coordenadas 
Orixe  Aeroporto Juanda
Destino  aeroporto de Singapur
Finados  162
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A320-216
Operador  Indonesia AirAsia
Rexistro  PK-AXC
Pasaxeiros  155
Tripulación  7
Superviventes  0

O voo 8501 de Indonesia AirAsia era un servizo regular internacional de pasaxeiros operado por Indonesia AirAsia, unha afiliada do grupo AirAsia, dende Surabaya, Indonesia, ata Singapur. O 28 de decembro de 2014 o Airbus A320 que operaba a ruta esnafrouse no mar de Xava, matando aos seus 162 ocupantes.[1][2] Despois de que rematasen as operación de busca no mes de marzo de 2015 só se recuperaran 106 corpos.[3]

En decembro de 2015, o Comité Nacional de Seguridade no Transporte indonesio (KNKT) publicou un informe concluíndo que un fallo non crítico no sistema de control do temón levou ao capitán a realizar un reinicio non stándar dos ordenadores de control de voo. Posteriormente perdeuse o control do aparello, resultando nunha entrada en perda e un descenso incontrolado cara ao mar. A falta de comunicación entre os dous pilotos foi citada como un factor que contribuíu ao accidente.[4][5][6]

Avión

O aparello era un Airbus A320-216, con número de serie 3648 e rexistro PK-AXC. Voara por vez primeiro o 25 de setembro de 2008, e fora entregado a AirAsia o 15 de outubro dese ano. O avión tiña seis anos e acumulara unhas 23 000 horas de voo nuns 13 600 ciclos. Pasara o seu mantemento máis recente o 16 de novembro de 2014.[7] O avión estaba equipado con dous motores CFM International CFM56-5B6 e estaba configurado para levar 180 pasaxeiros.[8]

Accidente

O voo 8501 era un servizo regular dende Surabaya, Xava ata Singapur o domingo 28 de decembro de 2014. O avión agardaba saír do aeroporto de Juanda ás 05:20 WIB (UTC+7) e chegar ao aeroporto de Singapur ás 08:30 SST (UTC+8).[9] O voo 8501 engalou ás 05:35. Indonesia AirAsia non tiña permiso do Ministerio de Transporte de Indonesia para operar a ruta os domingos.[10]

Tras a saída o voo 8501 estaba en contacto co centro de control aéreo da área de Iacarta,[11] que proporciona servizo de control de tráfico aéreo (ATC) no oeste do mar de Xava, e voou pola ruta aérea M635,[11] cando se aproximou a unha liña de tormentas eléctricas na costa suroeste de Borneo.[12] Ás 06:12 o voo 8501 estaba voando a un nivel 320, uns 32 000 pés, cando a tripulación solicitou e recibiu o permiso de desviarse á esquerda do seu curso orixinal para evitar as tormentas.[13] O piloto solicitou entón subir ata o nivel de voo 380,[14] o que foi aprazado polo ATC debido a que había outros avións na zona.[11][15][16][17] AirNav Indonesia, que opera o centro de control da área de Iacarta, informou que o centro autorizou entón ao voo Flight 8501 voar ao nivel 340 ás 06:14, pero non recibiu ningunha resposta; solicitouselles a outros avións na zona que contactasen co voo 8501, pero estes tampouco obtiveron resposta.[11][18]

Entre as 06:17:00 e as 06:17:54, o avión trepou de 32 000 a 37 000 pés (9 800 a 11 300 m),[19] superando unha taxa de subida de 10 000 pés por minuto. O gravador de datos de voo (FDR), amosou o aparello a 35 500 pés (10 800 m), e aínda subindo, a 159 nós (294 km/h), por debaixo da velocidade de perda para o peso do avión a esa altitude. O Ministro de Transporte de Indonesia interpretou o aparente comportamento do avión a súa maior altitude como unha perda aerodinámica, cando comezou a descender ás 06:17:54, caendo 1 000 pés (300 m) en seis segundos e 8 000 pés (2 400 m) en 31 segundos. O avión tamén comezou a virar cara a esquerda, realizando polo menos un xiro completo antes de desaparecer do radar ás 06:18:44.[11][19][20][21][22] A súa derradeira posición rexistrada foi sobre o mar de Xava, no estreito de Karimata entre as illas de Belitung e Kalimantan, zona na que acabou esnafrándose.[11][23] A gravadora de voces da cabina capturou múltiples avisos, incluído un aviso de perda, soando durante os últimos minutos do voo.[24] Non se enviou ningún sinal de socorro dende o avión.[25][26] As operacións de busca e rescate foron activadas pola Axencia Nacional de Busca e Salvamento de Indonesia (Basarnas) dende a súa oficina de Pangkal Pinang.[27][28]

Notas

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Airbus A320-216 PK-AXC Karimata Strait". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-25. 
  2. "More bodies from AirAsia crash found". BBC News (en inglés). 2015-01-01. Consultado o 2018-12-25. 
  3. "AirAsia crash: Search called off". BBC News (en inglés). 2015-03-17. Consultado o 2018-12-25. 
  4. "AirAsia crash caused by faulty rudder system, pilot response, Indonesia says | The Star". thestar.com (en inglés). Consultado o 2018-12-25. 
  5. Sherwell, Philip (2015-12-01). "Pilots responding to malfuctioning plane part caused AirAsia crash which killed 162 passengers off Indonesia" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2018-12-25. 
  6. Lamb, Kate (2015-12-01). "AirAsia crash: crew lost control of plane after apparent misunderstanding". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2018-12-25. 
  7. News, A. B. C. (2014-12-29). "AirAsia 8501 Missing: Timeline of Events". ABC News (en inglés). Consultado o 2018-12-26. 
  8. "Seat Options - Hot Seats, Standard Seats, Twin Seats | AirAsia". www.airasia.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2015. Consultado o 2018-12-26. 
  9. "Search for Missing AirAsia Flight 8501 Resumes". Wall Street Journal. Consultado o 2018-12-26. 
  10. "AirAsia sea search finds more bodies". BBC News (en inglés). 2015-01-03. Consultado o 2018-12-26. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 "Indonesia Asia A320 over Java Sea on Dec 28th 2014". The Aviation Herald. Consultado o 2018-12-26. 
  12. "AirAsia Flight 8501:Preliminary meteorological analysis - Weather Graphics". www.weathergraphics.com. Consultado o 2018-12-26. 
  13. "Missing plane likely at 'the bottom of the sea,' Indonesian rescue official says". CNN. Consultado o 2018-12-26. 
  14. "Missing AirAsia Flight QZ8501: At a glance". CNN. Consultado o 2018-12-26. 
  15. Bengali, Shashank. "AirAsia Flight 8501 probably 'at bottom of sea,' official says". latimes.com. Consultado o 2018-12-26. 
  16. "AirAsia flight to Singapore missing". BBC News (en inglés). 2014-12-28. Consultado o 2018-12-26. 
  17. migration (2014-12-29). "AirAsia flight QZ8501: Was plane flying too slow for its altitude?". The Straits Times (en inglés). Consultado o 2018-12-26. 
  18. "QZ8501 flight path not safe, says aviation expert - The Malaysian Insider". web.archive.org. 2015-01-06. Archived from the original on 06 de xaneiro de 2015. Consultado o 2018-12-26. 
  19. 19,0 19,1 "AirAsia Plane Often Experiences Trouble, Former Pilot Says". Tempo (en inglés). 2015-01-23. Consultado o 2018-12-26. 
  20. News, A. B. C. (2014-12-29). "Searchers 'Suspect' Missing AirAsia Jet Is on Ocean Floor". ABC News (en inglés). Consultado o 2018-12-26. 
  21. "AirAsia Flight 8501 missing from Indonesia to Singapore - CNN.com". web.archive.org. 2014-12-28. Archived from the original on 28 de decembro de 2014. Consultado o 2018-12-26. 
  22. "AirAsia plane 'at bottom of sea'". BBC News (en inglés). 2014-12-29. Consultado o 2018-12-26. 
  23. Bachelard, Michael (2014-12-28). "AirAsia flight from Indonesia to Singapore loses contact". The Sydney Morning Herald (en inglés). Consultado o 2018-12-26. 
  24. "AirAsia jet's alarms 'screaming' at crash". The Sydney Morning Herald (en inglés). 2015-01-21. Consultado o 2018-12-26. 
  25. "Indonesia set to resume search for missing AirAsia plane, relatives...". Reuters (en inglés). 2014-12-28. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-26. 
  26. "As it happened: AirAsia flight missing; search halted for day". ABC News (en inglés). 2014-12-28. Consultado o 2018-12-26. 
  27. "AirAsia flight QZ8501 missing over Java Sea". ABC News (en inglés). 2014-12-28. Consultado o 2018-12-26. 
  28. "QZ8501: Singapore activates coordination centre to assist in SAR". www.nst.com.my. Consultado o 2018-12-26.