Voo 498 de Crossair

Voo 498 de Crossair
O avión do accidente en 1998
Resumo
Data  10 de xaneiro de 2000
Causa  perda de control debido
a desorientación espacial
Lugar  Niederhasli, Suíza
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Zürich
Destino  aeroporto de Dresden
Finados  10
Aeronave
Tipo de aeronave Saab 340B
Operador  Crossair
Rexistro  HB-AKK
Pasaxeiros  7
Tripulación  3
Superviventes  0

O voo 498 de Crossair era un servizo dende Zürich, Suíza e Dresden, Alemaña, que se esnafrou dous minutos despois de engalar no municipio suízo de Niederhasli o 10 de xaneiro de 2000. Os sete pasaxeiros e tres tripulantes a bordo do Saab 340B morreron no impacto. Foi o primeiro accidente con vítimas mortais da aeroliña rexional suíza Crossair nos seus 25 anos de historia.

O informe oficial atopou que o accidente foi debido a unha perda de control debido a múltiples erros humanos.

Avión e tripulación

O Saab 340B de 33 asentos usado no voo 498 de Crossair Flight LX498 estaba arrendado a Moldavian Airlines dende o 1 de outubro de 1999. O avión tiña programada a súa saída de Zürich o luns 10 de xaneiro de 2000 ao redor das 6:00 p.m.[1] O clima frío e chuvioso era normal para a zona e non había indicios de que houbese algo malo co avión,e , aínda que este avión tiña 24 000 horas dende o seu primeiro voo en novembro de 1990, este modelo tiña un bo rexistro de seguridade.

O capitán Pavel Gruzin, de 41 anos, tiña 8 100 horas de voo, 1 900 delas no Saab 340. O copiloto Rastislav Kolesár, de 35 anos, tiña unhas 1 800 horas de voo, 1 100 delas no Saab 340. O avión non levaba carga fóra do normal e a súa seguinte revisión sería en 21 días, o 31 de xaneiro.

Accidente

Despois de que os sete pasaxeiros e tres tripulantes embarcasen o avión foi autorizado a engalar ás 5:54 p.m. (16:54 UTC).[2] O aparello saíu da pista 28 dirixíndose cara ao oeste. Tras engalar o avión trepou con normalidade, pero despois de percorrer 7,2 km o aparello de súpeto comezou a perder altura e a xirar cara a dereita en vez de seguir a súa ruta de voo cara a esquerda. Cando os controladores de tráfico aéreo preguntaron ao piloto se quería virar á dereita ao que respondeu "en espera", seguido da perda de contacto por radio.

Ás 5:56 p.m. (16:56 UTC), un minuto e 56 segundos despois da engalaxe o avión desapareceu do radar. Os restos queimados quedaron esparexidos de 200 a 300 metros preto das casas en Niederhasli, a uns 5 km ao noroeste do aeroporto de Zürich. As dúas caixas negras foron recuperadas da escena do accidente, ámbalas dúas severamente danadas.

Notas

  1. Jan 10, CBC News · Posted:; November 11, 2000 8:17 PM ET | Last Updated:; 2000. "Zurich plane crash kills 10 | CBC News". CBC (en inglés). Consultado o 2018-12-15. 
  2. "Informe do accidente" (PDF). BFU. Archived from the original on 03 de decembro de 2012. Consultado o 2018-12-16.