O voo 1549 de US Airways foi un Airbus A320 que, mentres gañaba altitude tras a engalaxe do aeroporto LaGuardia en Nova York o día 15 de xaneiro de 2009, golpeou unha bandada de gansos canadenses xusto ao norte da ponte George Washington e como consecuencia perdeu toda a potencia dos motores. Incapaces de chegar a ningún aeroporto, os pilotos Chesley Sullenberger e Jeffrey Skiles fixeron planear o avión para realizar unha amaraxe no río Hudson fóra de Midtown Manhattan.[1][2] As 155 persoas a bordo foron rescatadas polos barcos que se atopaban nas proximidades e houbo algúns feridos graves.
O accidente pasou a ser coñecido como o "Milagre do Hudson", e un funcionario da Xunta Nacional de Seguridade no Transporte describíuno como "a amaraxe máis exitosa da historia da aviación".[3] A Xunta rexeitou a idea de que o piloto podería evitar a amaraxe regresando a LaGuardia ou desviándose ao próximo aeroporto de Teterboro.
Notas