O Sakurajima (桜島, さくらじま) é un volcán do Xapón situado no sur da Kyūshū, na prefectura de Kagoshima. Está localizado na parte da baía de Kagoshima coñecida como baía de Nishikie. O seu punto máis alto está a 1.117 metros por riba do nivel do mar.
Historia
Até 1914 o Sakurajima era unha illa, pero nese ano, debido a unha grande erupción, a enorme cantidade de lava que soltou solidificouse e uniu a illa coa península de Ōsumi. A actividade volcánica aínda continúa[1].
Notas