Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Galeras.
Galeras é un volcán do sur de Colombia. Está situado a 9 km. da cidade de Pasto, capital do departamento de Nariño. No seu contorno encóntrase o santuario de Flora e Fauna do seu mesmo nome. A súa denominación dada polos conquistadores españois débese a que o seu deseño lles pareceu semellante ao dos condenados a traballos forzados na España desa época. Os aborixes chamábanlle no seu dialecto Urcunina, que significa montaña de lume.
Uns trazos fisiográficos característico do volcán Galeras é que posúe outros cráteres próximos máis pequenos, non ten glaciares e o seu volume está sen calcular.
É un dos volcáns de maior actividade en Colombia e o que conta con maiores informes históricos, con noticias de erupcións importantes desde o século XVI. A súa actividade fíxose maior a inicios de 1988. O 14 de xaneiro de 1993, mentres un grupo de xeólogos recollía mostras como parte das actividades dun congreso de Vulcanoloxía, o volcán presentou un evento eruptivo no cal pereceron seis persoas. O 24 de novembro de 2005 unha erupción menor provocou a evacuación das aldeas próximas e que a cidade de Pasto quedara cuberta de cinza, ao longo de 2009 producíronse varias erupcións.
Véxase tamén
Ligazóns externas